💜 25-N De Fronte contra a violencia
November 25, 2025 at 1:18 pm,
No comments
Este ano, novamente adherímonos á campaña DE FRONTE contra a violencia contra as mulleres que con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ponse en marcha desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña.
Aproveitamos para compartir recursos e propostas para traballar en familia.
http://www.defronte.gal/recursos-e-propostas/
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán