Proxecto de doazón e préstamo de libros da ANPA Valle Inclán
A ANPA Valle Inclán, en colaboración co centro escolar, xestiona o banco de doazón e préstamo de libros que ten como obxectivo axudar ás familias a reducir gastos na compra dos libros de texto dos seus fillos e fillas.
Co banco de libros de texto preténdese proporcionar unha medida de apoio ás familias mediante a cal poderán conseguir algúns ou todos os libros de texto escolares das súas crianzas en calidade de préstamo, completando nalgúns casos a bolsa de libros de texto da Xunta.
Os libros de 1º e 2º de Educación Primaria son funxibles (escríbese neles) polo que non entran neste banco solidario. Tampouco afecta aos libros de 5º e 6º de Educación Primaria, cursos nos que está en vigor o programa E-DIXGAL que ata este curso empregaba unicamente libros dixitais.
No curso escolar 2024-2025, un total de 24 familias doaron os seus libros, o que permitiu que, xunto cos que posuiamos de anos anteriores, 28 familias (17 familias socias y 11 non socias) puideran beneficiarse do préstamo.
Prioridades de adxudicación:
- Familias socias da ANPA que donen libros ou os doaran en anos anteriores.
- Familias socias da ANPA, que non doaran libros con anterioridade.
- Familias non socias, pero donantes de libros.
- Familias non socias que non doaran libros con anterioridade.
Procedimento:
-Cubrir e entregar o impreso de doazón/petición do Banco de Libros, facilitado pola ANPA nesta páxina web o final de cada curso.
-Os libros doados ou devoltos son recollidos dacordo establece a ANPA Valle Inclán.
- Unha vez os libros son entregados a ANPA, serán revisados, xunto cos impresos, e procederase á adxudicación dos exemplares mediante sorteo, segundo as prioridades de adxudicación.
-Unha vez adxudicados, comunicarase ás familias cando se fará o reparto dos exemplares de forma telefónica.
Regulamento:
-Os libros débense devolver nas mesmas condicións nas que se retiran.
-Se algún libro prestado se rompe, deberá ser reposto polo alumnado.
-Queda prohibido subliñar, raiar ou pintar os libros.
-Os libros prestados recolleranse oa finalizar o curso escolar.
-Os libros deberanse forrar.
Se poñemos todos un pouco da nosa parte, poderemos gozar dos librs no mellor estado posible. A responsabilidade é cousa de todos.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Todos xuntos facemos o banco posible!
ABERTO O PRAZO PARA DONACIÓN E SOLICITUDE DOS LIBROS DO VINDEIRO CURSO 2025-2026: PODEDES MANDAR AS VOSAS SOLICITUDES ATA O 30 DE XUÑO AO CORREO DA ANPA (VALLEINCLANANPA@GMAIL.COM) OU ENTREGALAS NO LOCAL DA ANPA O DÍA 30 DE XUÑO DE 11:30 A 13:00.
DOCUMENTOS PARA SOLICITUDE/DOACIÓN: