Enquisa: uso de pantallas e EDixgal

Estimadas familias,

tal e como se comunicou en asemblea e no Consello Escolar, dado o alto número de inquedanzas e dúbidas que as familias levan transmitido sobre o uso das pantallas na escola, a Xunta Directiva da ANPA Valle Inclán preparou unha enquisa para que realicen as familias do colexio entorno ó uso das pantallas en horario lectivo e o emprego de Edixgal no colexio.

É unha enquisa anónima, permanecerá dispoñible ata o 31 de xullo. Os resultados expoñeranse ante o  Consello Escolar.

Podedes realizala premendo na seguinte ligazón: https://forms.gle/JAYGAeC47P4JVvEn8

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán