Actividades de verán 2024 · Concello Oleiros
Remitimos información sobre as actividades de verán do Concello de Oleiros.
https://www.oleiros.org/es/actividades-infantiles/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/1123196
Agardamos que sexa do voso interese.
Un saúdo,
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
I Festa do Libro na Rúa · Domingo 21 de abril · Praza Afundida de Santa Cristina
O Concello de Oleiros achéganos información sobre celebración da I Festa do Libro na Rúa que terá lugar este domingo 21 de abril na Praza Afundida de Santa Cristina.
Agardamos que sexa do voso interese, un saúdo e boa de semana.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Ruta familiar Concello de Oleiros «Andares por Galicia»
Máis info e inscricións https://www.oleiros.org/
"Cerebro y pantallas" · María Couso · Xoves 25 de abril, 17.00 horas · Auditorio de A Fábrica (Perillo)
Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración co Concello de Oleiros, temos o pracer de presentar a formación para toda a comunidade educativa:
Cerebro e pantallas
María Couso
Xoves 25 de abril, 17.00 horas
Auditorio de A Fábrica (Perillo)
Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas a idades cada vez máis novas e as pantallas (incluída a televisión) acompañan ás nosas xeracións dende o berce. Pero sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do consumo nos primeiros anos de vida?
Quizais poucos reflexionamos sobre a importancia que gañou a era dixital no noso desenrolo.
Moitos pais e profesionais, levados pola falsa crenza de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos seus fillos no mundo dixital crendo que por ser “nativos dixitais” xa están preparados dun xeito diferente ao que estaban os cerebros dos nosos avós cando naceron.
De aí nace a necesidade de compartir datos con rigor científico que aporten luz sobre esta cuestión e nos leven a posicionarnos de forma crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.
O confinamento pola pandemia de COVID agravou todo o abuso de pantallas que xa se estaba producindo na práctica e a pesar das súas achegas positivas neses meses, o certo é que a maior parte do uso que se fixo da tecnoloxía foi lúdico e non necesariamente para resolver a distancia física entre as persoas.
Sexamos conscientes de todas as consecuencias cognitivas do uso de pantallas a idades temperás cunha base plenamente neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.
CONTIDOS DA FORMACIÓN
1. Maduración do cerebro
2. Tecnoloxía e motivación
2.1.O motivo da adicción tecnolóxica
2.2. Adiccións derivadas da tecnoloxía na infancia e adolescencia
2.3. Nova clasificación internacional de trastornos do xogo a través da pantalla
3. Organizacións internacionais e pantallas
4. Consecuencias da exposición a pantallas
4.1. A nivel visual
4.2. A nivel relacional
4.3. A nivel cognitivo
4.4. Atención
4.5. Soño
4.6. Creatividade
4.7. Habilidade emocional
4.8. Linguaxe (oral e escrita)
5. TEA e Pantallas
6. Obsolescencia tecnolóxica
7. COVID e tecnoloxía
8. Beneficios do uso de pantallas
9. Adolescencia e tecnoloxía
10. Uso educativo da tecnoloxía
11. Factores preventivos
12. Decálogo dunha boa praxe acorde ó desenrolo cognitivo
13. Que facer cando xa hai adicción?
María Couso é licenciada en Pedagoxía en 2009 pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), Máster en Psicopedagoxía Clínica no 2010, Grado en Primaria en 2020 pola Universidade Camilo José Cela (UCJC), Posgrado e Máster de Neuroeducación pola Universidade de Barcelona (UB).
Leva a cabo a súa labor profesional en varios ámbitos do sector educativo dende hai 17 anos. Prestou apoio psicopedagóxico na chegada de nenos adoptados procedentes doutros países (China, Rusia, Etiopía) con idades variadas para a súa inserción no sistema educativo e o acompañamento durante toda a etapa académica obrigatoria. Así mesmo traballou con nenos con dificultades de aprendizaxe e trastornos como dislexia e TDAH (atención á diversidade).
Dende 2019 ofrece formacións ó profesorado e ás familias de forma aberta por todo o territorio nacional co seu proxecto “Cerebro y Juego” promovendo o uso de xogos de mesa como ferramenta de aprendizaxe (ABJ) e como metodoloxía facilitadora de procesos cognitivos a través da súa web playfunlearning.es e do seu Instagram @play.funlearning.
Paralelamente imparte formacións sobre desenrolo cognitivo e funcións executivas, competencia lingüística e matemática así como sobre o impacto que as pantallas xeran no desenrolo dos nenos.
Realizou presentacións para a Universidade de Alicante e a Universidade de Murcia así como para o Goberno Foral de Navarra e participou entre outros no Foro de Educación Nacional de Faro de Vigo nas edicións de 2021 e 2022.
En xaneiro de 2023 sae á venta o seu primeiro libro da man de Planeta baixo o selo de Destino titulado “Cerebro, Infancia y Juego” do que a súa 2ª edición se reedita en tan só 12 días tralo lanzamento da 1ª e a 3ª a 3 meses.
8 de marzo, Día Internacional da Muller
Campamento Semana Santa
Estimadas familias,
Publicamos información relativa ao campamento de Semana Santa que terá lugar no noso colexio.
CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA SerOcio 2024
Datas:
- 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril
Horarios: de 9:00 a 14:00 con opción de mañanceiros dende as 7:45 e comedor ata as 16:00 (mañanceiros e comedor suxeito a mínimo de inscricións)
Sede:
- No noso cole!
Prezos:
- Campa completo: 40 €
- Campamento 15 €/día
- Mañanceiros 4 €/día
- Comedor 6 €/día
Descontos:
- 1 € por inscribirse antes do 13 de marzo
- 1 € se eres socio da ANPA
- 0,50 € se compartes o noso cartel en RRSS
- 0,50 € se traes a un amigo ou irmán
Enlace de inscrición: https://serocio.com/reserva-plaza-campamento-semana-santa-2024/
Dúbidas e consultas: campamentos.serocio@gmail.com
Ademáis, haberá 2 días de excursións e actividades especiais!
Esperamos que sexa do voso agrado.
Un cordial saúdo,
Xunta Directiva Anpa Valle Inclán
Iniciativa "Infancia sen Smartphone"
Estimadas familias:
Dende a ANPA gustaríanos compartir a iniciativa "Infancia sen Smartphone", que arrincou aquí en Oleiros o ano pasado dende quinto de primaria do noso cole e pretende informar ás familias sobre os retos que supoñen os teléfonos móbiles con conexión a Internet para os nosos fillos e fillas e retrasar a entrega dos mesmos ata que estéan preparados para afrontalos. Para conseguilo, conta cun grupo de Whatsapp ao que podedes unirvos e no que se comparte información sobre o tema. Podedes atopar máis información sobre a iniciativa na páxina web do noso colexio, na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalleinclanoleiros/node/1765.
Un saúdo,
MOSTRA DE ARTE E PINTURA DE NOSARTE
Estimadas familias,
Queremos anunciarvos a próxima inauguración, o vindeiro venres 8 de marzo ás 19.00 h., da exposición “Oleiros, con nome de muller”, no Centro Cultural A Fábrica.
A exposición permanecerá aberta ó público dende o 8 ata o 21 de marzo, de luns a venres en horario de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.
https://www.oleiros.org/es/exposici%C3%93ns
“Oleiros, con nome de muller” é unha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Valle Inclán e Juana de Vega que asisten ás clases de NosArte: “Arte e pintura”, dirixidas pola profesora Laura Gualda, docente e artista desde hai 15 anos. Nesta exposición tamén colaboraron pais e nais deste gran círculo artístico chamado NosArte.
Esta marabillosa iniciativa trata de dar voz, a través do debuxo, a numerosas mulleres que marcaron un antes e un despois na nosa sociedade e que teñen o seu recoñecemento no Concello de Oleiros, xa sexa con rúas, prazas ou esculturas, como o caso da “Tía Antonia”, matrona de Mera, obra do escultor Francisco Escudeiro. Foi un traballo de investigación rigoroso, xa que nos podemos atopar con personalidades do ámbito literario coñecidas como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán ou Francisca Herrera. Pero Oleiros tamén rende homenaxe a outros rostros que foron menos coñecidos como é o caso de María Pilar Estévez Diéguez, mestra da parroquia de Nós nada en 1907, coñecida como “Dona Maruja”, lembrada con moito agarimo por veciños da parroquia e cuxa vocación e labor é un aliciente para as persoas adicadas ao ensino. En tempos da posguerra, Dona Maruja ensinaba baile rexional ás 80 alumnas da escola onde impartía clase, ademais de camiñar dous quilómetros diarios para chegar á escola.
Esta exposición é un proxecto amplo, onde se poderán ver as diferentes mulleres sobre as que traballamos, pero sempre desde a mirada inocente da infancia. Rosalía convertida en Centauro ou a “Tía Antonia” como unha superheroína disfrazada de formiga...todo é posible!
Achegádevos!!
Charla- Obradoiro: Cómo promover un uso seguro e saudable da tecnoloxía na infancia e adolescencia
Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración co Concello de Oleiros, temos o pracer de presentar a charla-obradoiro para toda a comunidade educativa:
Cómo promover un uso seguro e saudable da Tecnoloxía na infancia e adolescencia
Xoves 21 marzo-18:00
Auditorio As Torres (Santa Cruz)
(Agradecemos cubrir formulario para aforo https://forms.gle/ZuWRzBhhTcMueQU18)
O uso temperá das denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación), adoita traer consigo problemas a nivel emocional e de convivencia, especialmente nun período vital tan crítico como é a infancia e adolescencia. Tal e como veñen advertindo organismos como a OMS, a UNESCO ou UNICEF, o uso intensivo e sen supervisión das redes sociais ou dos videoxogos pode derivar en maiores taxas de ansiedade e depresión, hábitos de vida menos saudables, un aumento do acoso escolar e o ciberacoso, violencia filioparental ou mesmo dar lugar a novas formas de adicción. Desgraciadamente a evidencia científica non leva a que sexamos neutrais neste punto. A tecnoloxía non é inocua na infancia e na adolescencia. Cando implica novos patróns de interacción e novas maneiras de relacionarse co mundo (a miudo tóxicas e superficiais), novos modelos aspiracionais e novas formas de entender a vida, pode chegar a converterse nun serio problema de saúde pública. A tiranía do selfie e o imperio de Instagram, o boom dos gamers, youtubers e influencers amósannos unha nova xeración de mozas e mozos sorpresivamente menos felices, con máis dificultades para relacionarse, para aceptarse a sí mesmas e mesmo para adquirir valores ou competencias básicas sobre as que construirse como persoas. A sociedade está mudando e as familias tamén, non sempre na dirección axeitada. Adquirir conciencia crítica e tomar partido é unha tarefa obrigada. Afastado por igual de alarmismos e de “buenismos” e con un enfoque responsable e pragmático, na conferencia do vindeiro xoves 21 de marzo o profesor Rial Boubeta exporá datos reveladores a este respecto. Convidaranos a todas e a todos a reflexionar como comunidade, plantexaranos moitas preguntas e algunhas posibles solucións.
Antonio Rial Boubeta é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 21 teses de doutoramento, foi responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias. É membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. Dirixíu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria, que é a día de hoxe un dos traballos científicos de maior envergadura feitos en Europa sobre o tema. O curso pasado dirixíu tamén o estudo Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia, da man da Fundación Barrié, na que participaron 10.000 adolescentes galegos. Ten publicado os seus traballos nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia, a saúde mental e as adiccións, como Psychiatry Research, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology. Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard), o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne) ou o DCU Anti-Bullying Centre (de Irlanda). É tamén colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, tanto prensa, como radio e TV. En 2022 foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano, polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia.
Proposta de concesión das axudas a comedor
Estimadas familias,
Dende o Concello de Oleiros nos comunican esta información en relación ás becas de comedor que foron solicitadas directamente polas familias na Concellería de Ensino.
No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello está publicada a “Proposta de concesión e desestimación de axudas ás familias para asistencia a comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024” na seguinte ligazón:
https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#
.
O prazo para realizar alegacións vai dende o día 09/02/2024 ata o 23/02/2024.
Recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Festa Entroido 2024
Estimadas familias,
O venres 9 de febreiro entre as 16:00 e as 19:00 h. celebraremos no colexio a Festa de Entroido, á que toda a comunidade educativa está convidada.
Poderemos desfrutar de animación musical, obradoiros de chapas e globoflexia, e todos aqueles que se animen poderán participar no desfile de disfraces.
Coma sempre, contaremos coas familias de 6º EP que terán a oportunidade de recadar fondos para a viaxe de fin de curso a través dos postos de venda de “Merendiñas” e de manualidades feitas polo alumnado.
Pregamos que todas as crianzas estean acompañadas e supervisadas por un adulto. Poderemos desfrutar dos espazos exteriores do colexio, pero non estará permitido o acceso ao invernadoiro.
Lembrade que esa tarde non haberá actividades extraescolares.
Achegádevos!!!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Concesión das Axudas Comedor 2023-2024 Concello de Oleiros
Estimadas familias,
Como sabedes, as axudas de comedor deste curso 2023-2024 do Concello de Oleiros, xestionadas pola Concellería de Cultura, foi concedida por un importe total de 13.416,60 €.
A
Concellería foi a encargada de adxudicar a contía que corresponde a
cada familia solicitante usuaria do comedor escolar. O importe é
proporcional ó número de días que se fai uso do servizo.
5
días/semana: 118,94 €
4
días/semana: 95,29 €
3
días/semana: 71,63 €
2
días/semana: 47,31 €
1
día/semana: 23,65 €
O desconto farase efectivo entre os meses de febreiro e marzo (segundo corresponda) nas cotas de comedor.
Moitas grazas pola vosa confianza e colaboración.
Recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Boas Festas e Feliz 2024
Dende a ANPA Valle Inclán desexamos un Bo Nadal e un feliz ano 2024 a toda a comunidade educativa. Vémonos á volta!
Concesión subvención Concello de Oleiros
Dacordo
coa notificación do Decreto da Alcaldía nº 2023006214, de 15 de
decembro, mediante o que se resolveu a concesión de subvencións do
Concello de Oleiros a entidades para a promoción e difusión da
cultura e o deporte para o ano 2023, a ANPA Valle Inclán recibirá
un total de 4.901,22 € euros para sufragar parcialmente os
seguintes gastos do exercicio:
Robótica
Festa
de fin de curso
Festa
de Nadal
Obradoiros
de educación sexual integral
Agasallo
de despedida do alumnado de 6º EP
Subscrición
a revistas
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Convocatoria asemblea ordinaria 20/12/2023
Estimadas familias,
o vindeiro mércores 20 de decembro, 18:00 horas en 1ª convocatoria e 18:30 horas en 2ª convocatoria celebrarase unha asemblea ordinaria de familias socias.
Adxuntamos CONVOCATORIA, ACTA ASEMBLEA 17/07/2023, BALANCE DE CONTAS e PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL ANPA 2023 2024.
Agradecemos a vosa asistencia.
Recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Festa de Nadal 2023
Estimadas familias,
O último día lectivo de decembro, o xoves 21/12/2023, entre as 16:00 e as 19:00 h. celebraremos no colexio a Festa de Nadal, á que toda a comunidade educativa está convidada.
Poderemos desfrutar dunha actuación musical en directo a cargo do grupo “Madame Bird” (interpretará cancións influenciadas polo blues e o soul, adaptadas ó publico infantil).
Haberá tamén obradoiros de Nadal para a cativada e, coma sempre, contaremos coas familias de 6º EP que terán a oportunidade de recadar fondos para a viaxe de fin de curso a través dos postos de venda de “Merendiñas” e de manualidades feitas polo alumnado
Achegádevos!!!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Ludoteca de Nadal 2023 2024
Estimadas familias,
Un ano mais a ANPA Valle Inclán quere dar opción ás familias do noso colexio de inscribir ós seus fillos e fillas nunha Ludoteca de Nadal no colexio durante as vacacións escolares de Nadal. Ademais de contribuír e facilitar a conciliación familiar, é unha boa forma de que a cativada poida desfrutar do seu tempo de lecer con actividades divertidas e enriquecedoras.
Adxuntamos
un documento con toda a información. Agardamos que sexa do voso
interese.
O prazo para inscribirse comeza hoxe e finaliza o 15 de decembro. Bulide, non quededes sen praza!!
Feliz ponte!!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Convocatoria de axudas ás familias para asistencia a comedores escolares. Curso 2023 2024. Concello de Oleiros
Estimadas familias,
O pasado venres 29 de novembro publicouse no BOP unha nova convocatoria do Concello de Oleiros para a concesión de axudas ás familias para asistencia a comedores escolares de Centros Públicos de Ensino de Oleiros que estean xestionados polas ANPAS, no curso escolar 2023-2024. Son as axudas que se ofertan para todos os cursos en réxime de concorrencia competitiva para as familias con menores ingresos, que deberán solicitalas individualmente no Concello.
As
familias interesadas deberán presentar as solicitudes ante o
rexistro do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural “A Fábrica”
(Rúa do Inglés, 13 – 15172, Perillo), ou ben a través da Sede
Electrónica.
O
prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de decembro de 2023.
Límite
da renda per cápita familiar no ano 2022 para poder acceder a estas
axudas: 6.000 euros.
Mais información sobre a convocatoria no seguinte enlace:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/11/29/2023_0000009354.pdf
Podedes descargar os modelos normalizados para realizar a solicitude a continuación:
Estes modelos tamén están dispoñibles para descargar na aplicación MiAMPA e ademais podedes conseguir copias impresas no local social da asociación.
Agardamos que sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
CONCEDIDA A SUBVENCIÓN DE COMEDOR DO CONCELLO DE OLEIROS · Curso 2023 2024
Estimadas familias,
Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros celebrada o 28 de novembro de 2023, á ANPA Valle Inclán foille concedida a subvención solicitada para a rebaixa do custo de comedor ás familias veciñas de Oleiros.
Grazas a esta axuda do Concello de Oleiros, xestionada pola Concellería de Cultura, no presente curso a ANPA Valle Inclán recibirá a contía de 13.416,60 €.
A totalidade do importe destinarase a reducir o custo de comedor, repercutindo directamente na rebaixa dos custes dos usuarios/as.
O cálculo dos importes individuais por alumno/a e curso foi realizado polo Concello e son os seguintes:
Asistencia de 5 días/semana 118,94 €
Asistencia de 4 días/semana 95,29 €
Asistencia de 3 días/semana 71,63 €
Asistencia de 2 días/semana 47,31 €
Asistencia de 1 días/semana 23,65 €
A ANPA Valle Inclán efectuará a distribución das cantidades individuais que corresponden a cada usuario/a en canto reciba o pagamento da subvención. Aínda está por determinar se o reparto será a través de cheque, transferencia bancaria ou rebaixa na cota.
Seredes informados de cada novidade. Moitas grazas pola vosa confianza e colaboración.
Queremos agradecer ó Concello de Oleiros esta medida de interese social que beneficiará a moitas familias do noso colexio.
Recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Campa Nadal Concello de Oleiros 2023
Estimadas familias,
remitimos información sobre a actividade CampaNadal que o Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros organiza para axudar ás familias a ter unha opción interesante de tempo libre para os meniños e meniñas nas vacacións de Nadal.
Podedes descargar o arquivo adxunto Campanadal_23_dixital.pdf ou buscar información na seguinte ligazón:
https://www.oleiros.org/es/hemeroteca/-/asset_publisher/y4QMrebui6yY/content/id/949649
Agardamos que sexa do voso interese.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán